Logo

Benvidos á web oficial do II Torneo Alevín Hyundai S.R. Calo

Despregando as tarxetas atoparás toda a información necesaria para que a túa experiencia en Rebordelo sexa máis sinxela.

Organización das instalacións

Esta será a organización do campo de fútbol de Rebordelo:

Imaxe aérea da organización
Ubicación de Rebordelo

Parkings habilitados

Esta é unha imaxe aérea dos lugares de aparcamento:

Imaxe dos parkings

Información dos parkings

Info1

Ubicacións directas aos parkings:

Todos estos parkings encóntranse a tan só 2 minutos camiñando do campo de fútbol de Rebordelo.

Parking 1 Parking 2 Parking 3 Parking 4

Menú da cantina

Dispoñemos dunha cantina para que tomedes algo e repoñades forzas!

Menú da cantina

Comida para xogadores/as e corpo técnico

O comedor estará situado ao lado do campo, no local da S.R. Calo, alí haberá persoal do noso club para garantir a orde e que todo sexa entregado segundo a reserva feita. O menú sera elaborado por unha empresa externa ao club, todos os productos e preparacións pasan uns controis rigurosos de calidade.

Menú proposto:

menujugadores

Horarios das comidas

Equipo Turno Horario
S.R. Calo 1 13:30 - 14:10
S.D. Villestro
C.D. Lugo 2 13:45 - 14:30
S.R. Calo "B"
E.D.Val Miñor 3 14:10 - 14:55
U.D. Santa Mariña
F.C. Famalicão
G.D. Chaves
Pabellón Ourense C.F. 4 14:35 - 15:20
Club Atlético Arteixo
Ural-Español C.F
Victoria C.F

Comida para acompañantes

A maiores da nosa maravillosa cantina, dispoñemos de dous establecementos nos que vos recomendamos ir a comer:

ASADOR ALDEA BAYUCA

Unha distancia duns 11 minutos ao campo de fútbol de Rebordelo, ten opción de adaptación de menús a veganos/as e intolerantes e con espacio exterior en caso de bo tempo.

O menú é o seguinte:

menu bayuca
Ubicación Asador Aldea Bayuca

RESTAURANTE SAN MARTIÑO

Unha distancia duns 5 minutos ao campo de fútbol de Rebordelo, ten opción de adaptación de menús a veganos/as e intolerantes, conta cun pequeno parque para os nenos/as.

O menú é o seguinte:

menu bayuca
Ubicación Restaurante San Martiño
⚠️Nota:Estos menús e prezos son en caso de ter reservado antes do 03/06/2025. Á hora de chamar, explicar que se chama para reservar polo torneo da S.R.Calo.

Normas do torneo

Regulamento:

As normas son as establecidas pola organización do Torneo. Toda a normativa estará en poder da organización e a disposición dos equipos durante toda a competición.

  • O sistema de competición estará dividido en fase de grupos, fases eliminatorias e finais.
  • O Torneo levarase a cabo o Sábado 7 de Xuño de 2025 dende as 09:30h no Municipal de Rebordelo

Normativa Principal:

  • O día do torneo, os delegados/as dos equipos deberán presentarse na zona de información como mínimo 15 minutos antes do seu primeiro encontro. Na mesa entregarán o listado de inscrición, que tamén pode ser enviado antes ó e-mail do Clube (deportes@srcalo.com) ou ó e-mail do torneo (torneosrcalo@gmail.com).
  • Permítense un máximo de 15 xogadores/as por equipo. Os xogadores/as terán asignado un número, que será fixo durante todo o torneo. Unha vez comece o torneo, non se poderá modificar o listado.
  • Cada equipo debe presentar, no caso de ser reclamadas pola organización, as licenzas federativas dos xogadores/as inscritos.
  • Os equipos só poderán quecer nas zonas habilitadas, xunto a cada campo de F8.
  • Os equipos deberán estar na zona de quecemento, e preparados para o encontro, 5 minutos antes do comezo do mismo. No caso dun retraso de máis de 2 minutos sobre a hora de comezo do encontro, este será dado por perdido ao equipo infractor por 3 goles a 0.
  • Durante os encontros, só poderán estar no banco as persoas acreditadas no listado de xogadores/as, técnicos ou delegados/as.
  • Calquera cartón vermello mostrado a xogadores, técnicos ou delegados/as impedirá a participación do expulsado/a no seguinte encontro.
  • No caso dalgunha incidencia non reflectida neste regulamento, a organización resérvase o dereito a tomar as decisións que considere oportunas para o bo funcionamento do torneo.
  • Se o equipo acude ao torneo con xogadores a proba, deberá presentar a debida autorización do equipo no que ten a ficha no momento da celebración do torneo.

Fase de grupos:

  • Clasifícanse para CUARTOS OURO do 1º ao 4º de cada grupo.
  • Clasifícanse para SEMIS PRATA o 5º e 6º de cada grupo.
  • Cada partido gañado serán 3 puntos, empatado 1 punto, e perdido 0 puntos.
  • En caso de empate na clasificación de grupos, terase en conta o enfrontamento directo, logo a mellor diferencia de goles, menos goles en contra e, por último, máis goles a favor. Se persiste o empate, lanzaranse 3 penaltis para dirimir o mellor clasificado.
  • A duración dos encontros será de 22 minutos nun tempo único.

Fase final:

  • CUARTOS OURO: Xogaranse 2 TEMPOS de 14 minutos.
  • SEMIFINAIS OURO: Xogaranse 2 TEMPOS de 14 minutos.
  • FINAL OURO: Xogaranse 2 tempos de 16 minutos cun descanso de 3 minutos.
  • SEMIFINAIS PRATA: Xogaranse 25 minutos nun tempo único.
  • FINAL PRATA: Xogaranse 2 tempos de 14 minutos.
  • No caso de empate, o partido resolverase cunha quenda de 3 penaltis que se lanzarán de forma alternativa. Se persiste a igualada, seguiranse lanzando penaltis ata desfacer a mesma. Un xogador non volverá lanzar un penalti ata que non tirasen todos os seus compañeiros/as.

Axúdanos a mellorar!

Aquí poderás deixar as túas impresións e opinións sobre o torneo!

Enquisa sobre a web Enquisa sobre o torneo